Lara Méndez renova o compromiso municipal con ASPNAIS

A Alcaldesa, Lara Méndez, visitou este luns as instalacións do Centro Ocupacional nº2 da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo (ASPNAIS), situado no Polígono da Louzaneta. A rexedora estivo acompañada polo presidente deste colectivo, José Reigosa, e por traballadores e traballadoras.

Durante a visita, que se engloba dentro da toma de contacto da Alcaldesa cos colectivos sociais da cidade de Lugo, Méndez destacou a “gran labor que está a realizar o colectivo, que excede das murallas da cidade”, e renovou o compromiso municipal coa entidade, garantindo a continuidade do apoio do Concello.

A rexedora tamén lembrou que o Concello colabora con esta asociación cuns 146.000 euros, unha subvención nominativa anual de 16.000 euros e 130.000 a maiores para financiar o proxecto de transformación do antigo Hospital de San José nun centro para atención de persoas con discapacidade intelectual ou de desenvolvemento.

Méndez recorreu todas as instalacións do centro, no que uns 137 usuarios da provincia desenvolven as súas actividades, entre as que destacan talleres de creación de diferentes produtos para a súa venda, tales como fregonas, velas ou obxectos de madeira.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com