O vindeiro o sábado, 27 de xaneiro, ás cinco da tarde, no decurso do acto de clausura de O Nadal en Begonte, faranse entrega dos Premios de Xornalismo do Nadal de Begonte 2024.
O xurado que estaba formado por: José Ulla Rocha, Alcalde de Begonte; Marta Barreiro Castro, secretaria xeral da Xunta de Galicia en Lugo; José Rodríguez Gómez, Secretario do Centro convocante; Blanca Pacín Somoza, Bibliotecaria; Sara Blanco Díaz e María Jesús Blanco Díaz, da Comisión de Cultura do Centro cultural convocante; unha vez examinados os traballos presentados, acordou premiar aos seguintes autores:
1º premio, dotado con 600€ e estatuiña de Sargadelos, a Luís Latorre Real, por “El Belén de Begonte, guardián de nuestros recuerdos, publicado no seu blog persoal e en Galicia digital.
2º premio, dotado con 300 € e estatuiña de Sargadelos, a Xoán Neira, por unha luz certa, publicado no xornal El Progreso.
O Xurado acordou, tamén, conceder unha mención de honra, dotada con estatuiña de Sargadelos, a Jose Raimundo Pol – Pepe Pol- polo seu artigo doña Pilar, el Belén de Begonte y un niño, publicado en Galicia Digital.