Maite Ferreiro di que hai empresas que se benefician das festas das parroquias e o PP retruca que “o BNG deu 800.000€ a unha empresa afín”

Logo de que a concelleira de cultura do BNG acusara aos populares de apoiar un procedemento que,  sospeita, beneficia a empresas privadas por medio das comisións de festas das parroquias e barrios, os populares saíron ao paso desas declaracións dicindo que “primeiro negan cambio de criterios e hoxe din que o fixeron porque sospeitan de irregulariedades”.

Os populares preguntan se esa desconfianza vén “polos pagos de 800.000€ a unha empresa vinculada ao BNG cuxa última operación aprobada por eles foi contratar o escenario do San Froilán in extremis deixando fóra a licitadores lucenses”.

“Resulta insultante que o BNG intente xustificar a toma dunha decisión autoritaria e sectaria para limitar as axudas ás contratacións das festas en Lugo poñendo en cuestión os 350 € qureciben os dúos. Subliñan os populares.

Os populares conclúen con que “a xestión do diñeiro público é responsabilidade do goberno local e instan a que aborden esta situación con transparencia e equidade

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com