O colectivo feminista Andaina de Mulleres organiza este venres ás 20:00 horas no auditorio do Vello Cárcere de Lugo a presentación do último número da revista _Anda!na -Revista galega de pensamento feminista_-,nun acto aberto ao público no que se abordarán distintos temas de actualidade para o movimento feminista.
No número 72 desta publicación, que se edita desde o ano 1982, pode atoparse un dossier sobre transexualidade, con artigos sobre infancia e adolescencia trans; así como unha entrevista á activista polos dereitos trans e activista cultural Nee Barros. Inclúense tamén comentos sobre libros, a linguaxe non binaria ou a misoxinia nas redes sociais.
Andaina de Mulleres
Andaina é un colectivo formado por mulleres unidas por un interese común: o pensamento feminista. Dentro desta asociación pódese atopar
información sobre diferentes temas que abordan o pensamento feminista desde diferentes puntos de vista.
Ademais de ser unha asociación que se xunta para debater e intercambiar información sobre distintos temas, baixo este nome tamén se pode atopar unha revista, Anda!na -Revista Galega de Pensamento Feminista-, que adoita ter unha pediodicidade de publicación anual. No seguinte enlace pode deshttps://andainamulleres.gal/wordpress/2023/09/17/revista-no-72/_cargarse o último número:
_https://andainamulleres.gal/w