Besteiro executará cada ano 2.500 vivendas sociais seguindo a estela de Touriño

A número dous da candidatura por Lugo polo PSdeG-PSOE  Méndez, anunciou que con José Ramón Gómez Besteiro como presidente da Xunta “se construirán en Galicia unha media de 2.500 vivendas sociais anuais, seguindo a estela do Goberno liderado por Pérez Touriño. “Os datos son demoledores”, sostivo, “cos gobernos de Feijóo e Rueda en 15 anos se executaron en Galicia 5.855 vivendas sociais, menos da metade que as executadas polo Goberno de Touriño en só catro anos (11.602)”.

Asemade lembrou que, neste marco, “unha vez máis Lugo é a gran prexudicada e a gran discriminada porque nestes 15 anos a Xunta non levantou nin un só inmoble protexido polo que resulta sorprendente que o señor Rueda veña a prometer, precisamente a Lugo, que duplicará o parque de vivenda pública nos vindeiros catros anos. O dobre de cero e dobre cero”.

Para a candidata por Lugo polo PSdeG-PSOE, “aínda que Rueda construíse as 8.000 vivendas do seu anuncio electoral, que non temos porque crer á vista dos datos anteriores, serían totalmente insuficientes. E digo a vista dos datos anteriores, pero tamén á vista dos datos actuais porque non están a ser capaces de desenvolver a vivenda protexida comprometida cos fondos europeos transferidos desde o Estado para este fin, onde en Lugo se prevén 204 inmobles e non comezou ningún deles a pesar de ter parcelas xa para facelos”.

“Levamos, pois, 15 anos perdidos na promoción de vivenda pública”, comentou Méndez, e co maior parque de vivendas baleiras de España, 3 de cada 10 están desocupadas. No 2022, a Xunta deixou case 7 de cada 10 euros orzamentados sen investir e do programa de acceso á vivenda tan só executaron o 8,8% do orzamento (4,4M de euros dun total de 52M).

Fronte a isto, con José Ramón Gómez Besteiro na Xunta, “actualizaremos a lei de vivenda de Galicia do 2012 á nova realidade e ao novo marco xurídico da Lei estatal, ao tempo que lle daremos un impulso á construción de vivenda protexida e determinaremos a definición de vivenda baleira, como o fan outras CCAA como o Pais Vasco, e así poder levar a cabo un Plan Efectivo para a rehabilitación das vivendas baleiras, que incentiven a súa incorporación ao mercado do aluguer”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com