O PP di que:“o voto en contra do Psoe á rebaixa do IVE aos produtos do mar prexudica gravemente ao sector”

O concelleiro do Mar e outros compañeiros da candidatura popular ás autonómicas, así como representantes no Congreso  e  Senado pola provincia, “ lamentaron” durante unha reunión na Confraría de Pescadores de Burela cos patróns maiores da Mariña esta “postura submisa ao Goberno de Sánchez por parte dos socialistas no Senado.

“Mentres a Xunta se pon do lado do sector e apoia a campaña promovida polas confrarías galegas para invitar aos cidadáns que consuman mariscos e pescados de Galicia, tanto PSOE coma BNG por interese electoralista son capaces de difundir “bulos” que prexudican ao sector pesqueiro galego”, condenan dende o PP

Os populares cren que “sería unha mala nova que a política de submisión a Sánchez por parte tanto de socialistas como de nacionalistas se trasladara a Galicia” porque “prexudicaría gravemente a sectores estratéxicos para a nosa comarca, a nosa provincia e a nosa comunidade en xeral”

.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com