Os nacionalistas presentaron hoxe en Lugo, o cartaz co que pedirán o voto durante a campaña electoral de cara ao 18 de febreiro. Nun acto con militantes e simpatizantes, Olalla Rodil afirmou que “nesta campaña faremos chegar a todas as galegas e galegos o modelo do BNG, un modelo que pensado para mellorar a vida das nosas veciñas e veciños”. E continuou “imos poñer de novo a Lugo no mapa da Xunta de Galiza, despois de 15 anos de abandono e esquecemento por parte do goberno do Partido Popular”, afirmou Rodil.
Para a cabeza de lista do BNG a sanidade será un dos eixos da campaña do BNG, “é un dos servizos públicos que máis sufriron estes 15 anos, e un dos máis importantes para garantir a boa calidade de vida das veciñas e veciños”,
Rodil anunciou que o BNG poñerá en marcha un plan de Mellora da Atención Primaria, incrementando o orzamento adicado á sanidade pública ata chegar ao 25% do destinado a sanidade ao final da lexislatura.