O PP aposta por un bono de 15.000 euros para impulsar a incorporación de xente moza ao agro

“O Partido Popular aposta pola remuda xeracional para fortalecer e garantir un sector agrogandeiro forte en Galicia”, segundo subliñou Raquel Arias. A integrante da candidatura popular ao Parlamento galego Raquel Arias visitou xunto ao deputado no Congreso Francisco Conde unha SAT monfortina con máis de 300 vacas de muxido e a unha explotación láctea familiar á que se incorporou recentemente un mozo en Bóveda.

Arias aproveitou para explicar algunha das propostas do programa electoral do PP galego como un servizo de titorización e axudas para impulsar a incorporación de mozos por primeira vez ás gandarías. De feito, “o Goberno galego está a traballar nesta folla de ruta coa que xa se levan incorporado 4.700 mozos e mozas no período 2009/2023”.

Neste mesmo sentido, avanzou que “impulsaremos un bono mozo para o inicio de actividade dotado con 15.000 euros para aqueles mozos que se van incorporar á actividade agrogandeira”. E tamén “simplificaremos os procedementos administrativos  relativos ás explotacións agrogandeiras, como os plans de mellora ou as axudas de incorporación de mozos”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com