Ana González Abelleira critica a valoración do PP sobre o proxecto de implantación do sistema de acceso ao Centro Histórico

“Moito nos estrañaría que o PP viñera a sumarse a algún proxecto ou a ofrecer colaboración para levalo a cabo. No canto diso, cada vez que o goberno local aborda calquera iniciativa eles automaticamente se opoñen ou o critican e, sobre todo, o que tratan é de confundir á cidadanía, xerar confusión e mesmo cuestionar a viabilidade das medidas anunciadas se é preciso ata poñendo en dúbida a capacidade dos técnicos municipais”. Declaraba a concelleira.

Abelleira incidía “acostuman a facelo, ademais antes de tempo, coma neste caso, tratando de ocasionar ruído e incitando á preocupación veciñal. Alertan da falta da recolocación das cámaras, da activación dos expedientes sancionadores… que son trámites que forman parte do proceso que se está desenvolvendo tendo en conta os prazos anunciados a semana pasada con relación á fase de probas”.

“ A posta en marcha do sistema de control de accesos ao Centro Histórico é un procedemento complexo, que implica o traballo de moitos servizos municipais aos que queremos agradecer o esforzo e preocupación que están amosando por articular todos operativos que son necesarios para que o novo sistema poida habilitarse con éxito  e probarse, para mellorar o seu funcionamento dentro dese prazo anunciado de medio ano que aínda non comezou”.

“Unha lástima que ao Partido Popular nunca o atopemos nesa tesitura, tendendo a man, senón infundindo temor entre a poboación, utilizando o descoñecemento que eles mesmos teñen dos temas municipais para crispar á sociedade en torno a un mecanismo que aínda non  se habilitou e no que se está traballando para acadar que sexa o máis eficiente posible”, Remataba

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com