Viaxe en tren de Olalla Rodil e Daniel Castro

Olalla Rodil e Daniel Castro  viaxaron a Ourense en ferrocarril co obxectivo de “evidenciar o sufrimento das persoas de Lugo día a día cando precisan utilizar un tren do que carecemos na provincia”
Pasada a primeira hora de viaxe, atópanse en Oural, “un percorrido que en coche leva uns 27 minutos. O tren atópase detido debido a unha avaría técnica, sen ter claro que vaian chegar até Monforte de Lemos en tren ou se será preciso cambiar ao autobus”.
“Isto é un exemplo perfecto do illamento ferroviario no que se atopa Lugo, froito de desleixo e abandono de forzas estatais”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “Galiza necesita goberno forte con Ana Pontón e o BNG á fronte que defenda os intereses das galegas e galegos, especialmente da xente de Lugo”, rematan.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com