Alfonso Rueda anuncia a construción dun centro para persoas con alzhéimer en Calde

Alfonso Rueda, candidato do PPdeG á Presidencia da Xunta, anunciou hoxe en Lugo, no trancurso dun almorzo con representantes de diferentes sectores, a construción dun centro para persoas con alzhéimer no antigo Hospital de Calde  salientando o “impulso que viviu o Hospital Público Lucus Augusti nestes últimos anos, co investimento de máis de 11 millóns de euros na instalacións de novas tecnoloxías para o tratamento de enfermidades como o cancro ou o ictus que evitaron o desprazamento de 1.500 persoas só no último ano”.

Asemade salientou que “a Xunta investiu nesta cidade nos últimos anos 410 millóns de euros —91 millóns en actuacións sociosanitarias; 133 millóns en infraestruturas e equipamentos; e 185 millóns en accións para impulso da economía —, ao que se engaden outros 247 millóns en iniciativas que se atopan en marcha”.

O candidato comprometeuse á construción do “novo IES Anexa xunto á Facultade de Formación do Profesorado e afirmou que o Campus Terra é unha historia dun éxito que ten que medrar moito máis”.

Rueda tamén se referiu á nova estación intermodal de Lugo e ao convenio asinado para a construción, pero amosouse consciente de que “mentres Lugo non teña unhas comunicacións ferroviarias adecuadas e non se concrete a data da chegada dos trens de Alta Velocidade a toda Galicia, todo estará por facer”.Tamén se referiu á nova estación intermodal de Lugo e ao convenio asinado para a construción, pero, dixo ser consciente de que “mentres Lugo non teña unhas comunicacións ferroviarias adecuadas e non se concrete a data da chegada dos trens de Alta Velocidade a toda Galicia, todo estará por facer”.

Fondos europeos

O candidato popular, incidiu na súa intervención nas “enormes posibilidades de financiamento que supoñen os fondos europeos Next Generation”, pero lamentou a decisión do Goberno de Pedro Sánchez de “centralizar a súa execución e que a día de hoxe “unha boa parte destes fondos aínda estea sen distribuír. Esta situación contrasta coa existente en Galicia, onde neste momento xa se están executando o 95% dos fondos que ata agora transferiu o Goberno central”

Xa para rematar, Alfonso Rueda demandou a colaboración do Concello de Lugo para levar adiante proxectos en materia de vivenda ou de saneamento do rural.  Neste sentido, amosou a disposición da Xunta de colaborar cunha aportación de “2,4 millóns de euros para facer o saneamento no rural de Lugo”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com