O Museo Provincial de Lugo inaugura unha mostra sobre a memoria das mulleres rapadas durante a ditadura franquista

Este mediodía inauguráronse no Museo Provincial de Lugo, por unha banda, a exposición temporal “EU SON. Memoria das rapadas”, obra das artistas Gema e Mónica del Rey Jordà (Art al Quadrat ) e a instalación audiovisual “Notas no latido do unánime e cego” de Carla Andrade; “dous proxectos que naceron da investigación acerca da recuperación da memoria das mulleres e que comparten o propósito de visibilizar as súas aportación á historia cultural, social e política”.

A xerente da Rede Museística Provincial Encarna Lago e a xestora cultural Anxela Caramés encargáronse da coordinación destas propostas que conectan artistas e linguaxes diferentes e que poderá verse no Museo Provincial de Lugo ata o 8 de abril.

A inauguración complementarase esta tarde (18:00 horas) cunha sesión de cinema-debate no que se proxectará a película documental “Sacar á luz. A memoria das Rapadas”, que contará coa presencia das autoras, Gema e Mónica del Rey Jordá.

Memoria das rapadas é un proxecto artístico expositivo, que ten o propósito de recuperar a memoria das mulleres rapadas durante o réxime franquista.

Na II República moitas mulleres que, segundo o novo Estado, transgrediran o papel da feminidade tradicional ou eran familiares de persoas significadas politicamente, durante a Guerra Civil Española e a Postguerra foron vítimas de violentos escarnios públicos, que as degradaban e humillaban fronte a toda a poboación. Entre os castigos era común raparlles o pelo, darlles de beber aceite de ricino e tamén “paseadas” polas rúas céntricas do pobo ou da cidade, ademais das represións ocultas como as violacións ou a morte.

Este proxecto expositivo recolle parte dese traballo de investigación, que se plasmou tamén nun documental “Sacar a la luz. Memoria de las rapadas” (2021), e imaxes da performances de reparación colectiva e dignificación da memoria que as artistas veñen desenvolvendo desde 2018.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com