A cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, declarou que o goberno do PP “non mellorou a vida das galegas e galegos e asegurou que “para cambiar o rumbo do País precisamos o apoio de todas as galegas e galegos”
“Nestas dúas semanas de campaña demostramos que somos a única proposta que pode dar a volta os 15 anos de recortes do Partido Popular”, dixo Olalla Rodil,
Segundo Olalla Rodi, “o BNG é a garantía dun goberno que só mire para Galiza, sen ningunha dependencia de forzas estatais”.
A cabeza de lista por Lugo defendeu que o proxecto do BNG está máis cerca que nunca de facer historia e facer de Ana Pontón a primeira muller presidenta da Xunta de Galiza. “O domingo é o momento de apostalo todo ao BNG, abriremos un tempo novo para que Galiza empece a gañar”