Alerta laranxa en toda a Mariña por ondas de máis de 6 metros

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa no boletín emitido o día de hoxe dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel  laranxa, por mar combinada do NW de 5 a 6 m, aumentando a 6-8 m pola tarde, e ventos de componente W de 50 a 61 km/h (FORZA 7), ocasionalmente de 62 a 74 km/h (FORZA 8), que afectará a partir das 00:00 horas do día 22/02/2024, ao ámbito da Mariña e Noroeste da Coruña  estendéndose a partir das 12:00 horas a todo o litoral galego.

Para tratar de paliar estes efectos da situación meteorolóxica adversa, cómpre adoptar as seguintes medidas de autoprotección:

Afastarse de praias, paseos marítimos, rompentes ou diques; Evitar navegar, nadar ou practicar deportes acuáticos;Non deterse a sacar fotografías; Aseguar a embarcación.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com