Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema o filme “Segredos dun escándalo”, dirixida por Todd Haynes e cun reparto de luxo coa actrices Natalie Portman e Julianne Moore, é unha parábola culta, desangrada e confusa (no mellor dos sentidos) sobre a manipulación, a pegada do maltrato infantil e a mentira cruel do amor romántico. Un filme tenso, divertido e profundamente triste.
Sinopse: vinte anos despois de que o mediático romance entre Gracie Atherton-Yu e o seu mozo marido Joe escandalizase ao país, cos seus fillos a punto de graduarse no instituto, vaise rodar unha película sobre a súa historia. A actriz Elizabeth Berry pasará un tempo coa familia para intentar entender mellor a Gracie, a quen vai interpretar, provocando que a dinámica familiar se desfaga baixo a presión da mirada externa.