Adif destinará 7 millóns á supresión de dous pasos a nivel Monforte

Adif investirá preto de 7 millóns de euros na supresión de dous pasos a nivel situados na liña de ancho convencional León-A Coruña, na contorna da estación de Monforte de Lemos, sentido Lugo. Con esta actuación, mellorarase a permeabilidade da liña, incrementando as condicións de seguridade para a circulación de vehículos e trens.

A solución consiste na execución dun paso inferior nun punto intermedio entre ambos, entre as rúas Río Seco e Juan Montes, en base a unha estrutura -un caixón de formigón armado- empuxada baixo as vías. O proxecto inclúe a construción de dous novos viais: un Este-Oeste, entre as rúas Juan Montes e Río Seco; e, outro Norte-Sur, que unirá ditas rúas. O paso inferior contará cun vial de calzadas laterais en superficie para dar continuidade aos laterais da rúa Pai Feijóo, paralela ao ferrocarril. A conexión do novo eixo Este-Oeste coa rúa Morín bifurcarase para conectar tamén coa rúa Juan Montes, co fin de desconxestionar a intersección destas dúas rúas coa rúa Ramón Cabanillas e para que os movementos procedentes da rúa Ferrocarril non precisen acceder a do Morín para cruzar o paso inferior. Os novos viais serán bidireccionais, con beirarrúas en ambas as marxes, excepto as calzadas laterais do paso que serán unidireccionais. Os traballos enmárcanse nas actuacións de renovación do 117 km do tramo Ourense-Monforte-Lugo, que conecta en Ourense co corredor de alta velocidade a Galicia, mellorando os seus parámetros de fiabilidade, confort e tempos de viaxe. As obras serán executadas pola UTE integrada por Civis Global e Extraco.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com