Os filmes “Dream scenario” e “Tótem” estréanse este venres nos Codex Cinema

Esta semana chega as pantallas dos Codex Cinema os filmes “Tótem” e “Dream scenario”.

“Dream scenario”. Un filme dirixido por Kristoffer Borgli, estraño e divertida, onde Borgli nos mostra un personaxe, Nicolas Cage, como nunca antes, nunha comedia surrealista e considerada segundo a prensa internacional a mellor de Cage na súa longa traxectoria.

Sinopse:Paul Matthews, un desafortunado pai de familia, ve como a súa vida simple e aburrida de profesor sufre un xiro radical cando millóns de estraños comezan a velo nos seus soños. Pero cando as súas aparicións nocturnas toman un cariz de pesadelo, Paul vese obrigado a loitar co seu estrelado recén descuberto.

 “Tótem”, sobresaínte traballo da mexicana, Lila Avilés, nun filme delicado e perfecto que transmite enerxía, con escenas moi emotivas e onde non falta o humor da actriz debutante, Naíma Sentíes.

Sinopse: Sol, unha nena de sete anos, pasa o día  na casa do seu avó axudando nos preparativos dunha festa sorpresa para o seu pai. Ao longo do día, o caos apodérase pouco a pouco da familia, fracturando os seus cimentos. Sol abrazará a esencia de deixarse levar como unha liberación para a existencia, comprenderá que o cambio que vai experimentar o seu mundo abriralle o camiño ao misterio de celebrar a vida.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com