Inauguración da exposición ‘Conciencia dunha tradición’ as olarías de Samos, Mondoñedo, Bonxe e Gundivós

Hoxe inaugurouse no Vello Cárcere a exposición ‘Conciencia dunha tradición”, unha mostra da olería  Olaría do concellos de Samos Mondoñedo, Bonxe e Gundivós’ que estará aberta ata o 17 de maio, unha selección de 250 pezas de cerámicas singulares e de uso cotiá na casa galega, producidas nos centros devanditos obradoiros dos oleiros máis importantes da provincia.

A exposición reflicte  as semellanzas e as diferenzas entre as pezas que se fixeron nos catro centros artesanais que coexistiron na provincia de Lugo. Asemade a mostra inclúe paneis informativos que proporcionan a máxima información a todas aquelas persoas que se acheguen a visitar a exposición.

‘Conciencia dunha tradición. Olaría de Samos, Mondoñedo, Bonxe, e Gundivós’ dispón tamén dunha reportaxe fotográfica onde se recollen todos os elementos non musealizables asociados ao oficio de oleiro, como camiños ou fornos, así como fotos das persoas que desempeñaron o oficio.

Ao acto asistiron, entre outros, o coordinador da exposición Hixinio Flores, a alcaldesa de Samos,María Jesús López e a Concelleira de Lugo Cristina López.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com