Besteiro renuncia a súa acta no Congreso e será o lider do PSdG no Parlamento Galego

José Ramón Gómez Besteiro candidato á presidencia da Xunta de Galicia nas pasadas eleccións do 18 F e deputado no Congreso, ven de comunicar que renuncia á súa acta de deputado para centrarse en Galicia.

O seu posto nas cortes pasarao a ocupar Patricia Otero, segunda na lista do PSOE por Lugo que era ata as elección do pasado día 18 deputada autonómica.

Besteiro, ademais, será, con toda probabilidade,  o novo secretario xeral do PSdG, cargo que xa desempeñara, xa que está previsto que o actual secretario xeral, Valentín Formoso,  apoie para o posto ao político lucense no vindeiro congreso dos socialistas galegos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com