A Asociación de Químicos de Galicia e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia buscan ao mellor alumnado en química dos centros educativos de Lugo e a súa provincia a través da XLI Olimpíada Galega de Química 2024. As probas serán presenciais e celébranse mañá venres 8 de marzo na Facultade de Ciencias, Tolda de Castela, s/n.
Haberá dúas partes: a primeira, de 16.30 a 17.30 horas, será tipo test. A segunda parte, de 18.00 a 19.00 horas, consistirá en varios problemas e na interpretación dun suposto práctico de laboratorio. A temática da proba de 2024 versará sobre química, a partir dos Deseños Curriculares de Bacharelato de Galicia (Decreto 86/2015), nas materias de Física e Química de 1º de Bacharelato e de Química de 2º Bacharelato.