“Os pequenos amores”, segunda longametraxe de Celia Rico, un filme protagonizado por María Vázquez e Adriana Ozores, dúas actrices que converten o ordinario en extraordinario e que fan un excelente traballo, cunha sensibilidade única, que conta o día a día dun verán nun pobo.
Sinopse: Teresa cambia os seus plans de vacacións para axudar á súa nai, que sufriu un pequeno accidente. Nai e filla pasarán xuntas un verán do máis abafante, no que non conseguirán poñerse de acordo nin nas cousas máis triviais. Porén, a obrigada convivencia removerá máis do esperado e nas noites estivais Teresa vivirá momentos reveladores xunto a súa nai.Teresa cambia os seus plans de vacacións para axudar á súa nai, que sufriu un pequeno accidente. Nai e filla pasarán xuntas un verán do máis abafante, no que non conseguirán poñerse de acordo nin nas cousas máis triviais. Porén, a obrigada convivencia removerá máis do esperado e nas noites estivais Teresa vivirá momentos reveladores xunto a súa nai.
A outra estrea da semana en Codex Cinema é “A besta na xungla”, adaptación libre da novela homónima de Henry James.
Sinopse: A historia transcorre durante 25 anos (de 1979 a 2004) nun enorme clube nocturno, onde un home e unha muller observan e esperan un evento descoñecido, mentres seguimos a evolución da música Disco á Tecno como banda sonora da historia dunha obsesión… Adaptación libre da novela homónima de Henry James.