Tremor de 3.7 no concello de Sarria

Un tremor de magnitude de 3.7 na escala de Richter, con epicentro en Betote, deixouse sentir esta tarde en diferentes partes do país. Ás catro e corenta minutos aproximadamente, producíase este tremor nos arredores da vila de Sarria que, aínda que non causou danos nin peroais nin materiais, pola súa intensidade e duración, fixo que máis dunha persoa lembrara o sismo do ano 1997. O tremor foi en superficie o que fixo que se sentira cunha importante intensidade. Pouco despois producíase outro tremor no nordeste de Portugal, na vertical do que se producía en Sarria, concretamente en Macedo dos Cavaleiros, pero de menor intensidade 1.7 na escala Richter. Isto podería indicar que os dous estean  situados na mesma falla.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com