Declaración da asociación de veciños Centro de Lugo con motivo do día da árbore

A Asociación de Veciños Centro de Lugo, con motivo do Día da Árbore, emite unha declaración en favor das árbores ezonas axardinadas na zona centro da cidade.Os veciños do Barrio Centro de Lugo manifestan a súa vontade de que se fomente a existencia de zonas axardinadas e a plantación de árbores nunha zona centrocun gran déficit neste eido. Piden a unión e colaboración das administracións e ospartidos políticos neste obxectivo, que consideran prioritario para a cidade.

Declaración da asociación de veciños Centro de Lugo con motivo do día da árbore.

A Asociación de Veciños Centro de Lugo manifesta que o desexo maioritario dos veciños é poder contar con zonas axardinadas no barrio centro da cidade, que xeren un espazo de tranquilidade, de gozo da biodiversidade, con sombras que mitiguen o impacto das vagas de calor e zonas con céspede que recollan a auga nos días dechoiva intensa, circunstancias cada vez máis frecuentes por mor do cambio climático.

Espazos agradables para a estancia, que contribúan a dispoñer dun turismo sostible e á vez dunha zona cómoda e agradable para residir e para investir, evitando así odespoboamento e a degradación do barrio. A Asociación leva traballando intensamente neste eido dende a súa constitución e solicitan que se converta nun obxectivoestratéxico prioritario, non so para os veciños, senón tamén para as administracións, os distintos partidos políticos e calquera entidade con competencias na materia, para o que solicitan a unión e colaboración de todos eles, co gallo de que redunde na mellora da calidade de vida dos veciños.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com