A Plataforma pro residencia de Becerreá, vai seguir con mobilizacións ata conseguir que a Deputación de Lugo poña en marcha esta residencia, paralizada hai máis de tres anos: Así o declaraba Lourdes Fernández, a voceira da plataforma. “Estamos fartos de que poñan desculpas; primeiro a electrificación, logo que non reunía as condición das residencias provinciais, o covid, a guerra de Ucraína, agora parece que van cun tema hidráulico; o único que fan é dar largas pero non fan nada.” Sentenciou.
A partir de agora, as accións para denunciar a situación na que se atopa a residencia de maiores de Becerreá, realizaranas en distintos lugares e sen previo aviso para que non lle las podan boicotear e teñan un maior impacto social. “Non podemos anunciar cales serán os nosos próximos pasos, partir de agora imos cambiar de procedemento”. Como mostra un botón, “o pasado 19 de marzo Acruga celebraba a primeira poxa do ano e a ela ían asistir membros da Deputación, pero ao final non apareceron”.
Fernández aseveraba “razoar co Sr. Tome, presidente da Deputación de Lugo, é cousa imposible”. Pedimos varias reunións con el pero non houbo forma. Recibiunos o Sr Rivera o “cal nos mentiu, díxonos que están traballando nelo, pero, facer, non fan nada”. Asegura que “lle pediu ao Sr. Pablo Rivera que por humanidade abriran a residencia que había moita xente moi maior soa e en casas afastadas, pero non fixo nin caso”.
A voceiro reflexionou sobre outras residencias que tamén tardaron en abrir, como a de Pedrafita e Castroverde, “ao mellor están agardando a que se deteriore como pasou coa de Castroverde e logo houbo que facer outra vez un gran investimento para poder poñela en marcha”
“A realidade é que “nunha zona tan envellecida e cunha poboación tan diseminada como a comarca dos Ancares, esta residencia e fundamental así como os centros de día para a conciliación, que por certo, destes centros non hai ningún aberto. E o triste é que xestionan os cartos que son nosos” Remataba.