Concerto de Antía Muíño na Fundación Manuel María

Hoxe 6 de abril, sábado, ás 20 horas, Antía Muíño, unha das novas voces da música galega, ofrecerá un concerto na Casa-Museo Manuel María en Outeiro de Rei. O seu rexistro móvese entre o jazz-pop, a canción alternativa de autora e a música tradicional.

Neste ano publicou o novo sinxelo “O Paxaro” e xa está a traballar en novos temas, que acompañarán nos directos ao seu aplaudido “Carta Aberta”, o seu álbum debut que ten case 2 millóns de reproducións.

Antía Muíño, que estará soa no escenario, acompañará a súa voz coa súa guitarra clásica e coa pandeireta, intercalando a intimidade e o virtuosismo das súas autorías coa potencia da percusión e o canto tradicional.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com