Este venres, os cines Codex estrean “O SALTO”, o novo filme de Benito Zambrano, onde conta a traxedia que hai detrás de cada migrante que trata de saltar a valla de Melilla achegando ao espectador ás historias destas persoas, os seus darmas, medos e esperanza.
Sinopse: Ibrahim chegou a España hai uns anos desde Guinea Conakry e agora tanto a súa vida como a súa familia están en Madrid. Pero un día a policía deteno para deportalo ao seu país de orixe por carecer de permiso de residencia. A partir deste momento, o seu único obxectivo será regresar a España. Tras percorrer África, instálase nun campo de refuxiados situado entre África e Europa. Alí coñece a Aminata, unha moza decidida a saltar o valado e entrar en España; sen embargo, trátase dunha fazaña física que non todo o mundo é quen de lograr.
A outra estrea desta semana en Codex Cinema é “SANGRE NOS BEIZOS“, un filme salvaxe e estridente que pretende deixar ao espectador boquiaberto coa maxistral interpretación de Kristen Stewart.
Sinopse: Jackie está decidida a triunfar como culturista e diríxese ás Vegas para participar nunha competición. No seu camiño, pasa por un pequeno pobo de Novo México onde coñece a Lou, a solitaria xerente do ximnasio local. O pai de Lou é traficante de armas e leva as rendas dun sindicato do crime. Jackie e Lou namóranse. Pero a súa relación provoca violencia e ambas vense implicadas nas maquinacións da familia de Lou.