O PP denuncia o abandono do parque Marcos Cela

Os populares lamentan “a falta de mantemento e o abandono do Parque Marcos Cela destacando a mala imaxe que ofrece a caseta que hai na entrada á zona verde na rúa de Magoi, está chea de pintadas que se converteu nunha zona onte se acubillan os sen teito ou se celebran botellóns”

Tamén, “reclaman a reparación das varandas que hai no interior deste bosque urbano; a revisión do arborado;  reparación dos dous miradores deste entorno ,  e renovación das travesas da escaleira que comunica os paseos interiores co parque infantil da Avenida de Magoi e a limpeza da fonte do Pilar, tamén sinalan. O deterioro dos camiños e amañar os camiños, “as chuvieiras arrastraron o pavimento e hai zonas en moi mal estado”.

Parque infantil

Con respecto ao parque infantil de Marcos Cela, din que é “urxente a renovación do pavimento de caucho que ten fendas de varios centímetros que supoñen un risco para os cativos que xogan nel.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com