Contestación ao anuncio do Presidente, que ordena aos servizos técnicos da Deputación priorizar as tarefas necesarias para axilizar o proceso de apertura da residencia de Becerreá

Dende o Concello de Becerreá , non podemos menos que mostrar a nosa estupefacción polo anuncio do GOBERNO BIPARTITO DA DEPUTACIÓN e do seu Presidente, Sr. Tomé, que aparte de seguir faltando a verdade, creemos que o anuncio é un insulto a intelixencia dos veciños/as dos Ancares e en especial os de Becerreá.

Despois de máis de dous anos da contratación do “Centro de Transformación”, resulta que a noticia bomba é que o van rematar no próximo mes de maio, ¡espectacular! …En dous anos non se decataron que os edificios teñen que estar dotados de electricidade. ¿Non foron revisados os proxectos polos distintos Presidentes que gobernaron esa institución?, ou o único que pretenden é seguir faltando a la verdade, insultar ao arquitecto, directores de obra e os propios funcionarios desa Institución… que o que fixeron foi aterse as directrices políticas do GOBERNO BIPARTITO na execución e supervisión do mesmo. Ou sexa unha desculpa demal pagador.

Isto, que é o que ocorreu e sigue ocorrendo, chamase “escorrer o vulto”, non asumir responsabilidade, polo deterioro dun edificio que tiña que estar posto en funciona mento fai máis de dous anos para un servicio segundo Vostedes básico e necesario na Provincia .

Mentres seguen sen facer NADA, teñen un millón de euros das baixas de contratación a prazo fixo, supoñemos, porque segundo o convenio firmado entre Deputación e Concello, son para rematar os traballos pendentes na RESIDENCIA, que teñen a obriga administrativa e moral de destinar a eses investimentos pendentes da mesma,investimentos pendentes que a continuación vamos a indicar.

Din que le van a dar un IMPULSO a la RESIDENCIA COMARCAL , e nosoutros crémolo despois de máis de dous anos de ignorar que son propietarios dunha dasobras máis importantes feitas pola Deputación nos últimos quince anos. Si de verdadequeren IMPULSALA, esta fácil: Si é verdade que vai ter subministración eléctrica dentro de un mes.

Saquen a contratación, ¡XA! , o MOBILIARIO para a mesma. Instalen a COCIÑA, para isto teñen máis de un MILLON DE EUROS, como dixen antes.

E A CONTINUACIÓN SOLICITEN O PIA a Xunta de Galicia E por último, vanme desculpar por utilizar unha expresión que lles encanta usar candoqueren atacar a administración gobernadas por outros, ou para solicitar apoio ecolaboración: “RESPECTO INSTITUCIONAL”. ¿Onde esta ese respecto despois de firmar un Convenioco Concello de Becerreá, que di que cando unha das partes pida a convocatoria da Comisión de Seguimento , esta reunirase? . Este Alcalde, pola vía administrativa SOLICITOULLES CINCO VECES NOS DOUS ÚLTIMOS ANOS, que esta se reunise, estamos esperando . Non foron capaces de convocala e dar aí as explicaciónspolíticas, si as tiveran, que teñan que dar ,¿falta de argumentos? ¿desidia ou covardía política?. E non se estrañen que este Concello, en defensa dos seus veciños e dos intereses dos mesmos, inicie actuacións de outro tipo.

E voulles dar unha alegría, si a causa de non poñer en funcionamento a RESIDENCIA, e porque goberna o que isto firma, como parece ser lles trasladaron a persoas e empresas interesadas na súa xestión, reúnan a Comisión de Seguimento, concreten un prazo razoable para a súa apertura e ao día seguinte de que entre o primeiro usuario, este Alcalde dimitiría.

Deixen de tomarnos o pelo e fagan o que calquera administración seria, responsable e decente faría: poñer en funcionamento un servicio prioritario nesta Comarca e parelo teñen que, sacar a contratación ¡XA! todo isto e poñela ao servicio dos veciños de Becerreá e Comarca.

Asdo. Manuel Martínez Núñez

Alcalde de Becerreá

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com