A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu esta mañá a visita do presidente do Colexio Oficial de Médicos de Lugo, Eduardo Iglesias García, co que mantivo un breve encontro de traballo.
Durante a reunión, a rexedora e o médico abordaron diversos temas de interese para o colectivo prestando especial atención á celebración que o Colexio Oficial fará proximamente con motivo do seu 125 aniversario. Así mesmo, Alvarellos amosou a máxima disposición por parte do Goberno local que dirixe para ampliar os vínculos de colaboración existentes entre ambas institucións.