O Goberno Local reduce á metade os días de ampliación do lecer nocturno

O Goberno local decidiu reducir o número de festividades con ampliación de horario de lecer nocturno. A medida ten como obxectivo compatibilizar esta actividade e o dereito ao lecer co lexítimo e necesario descanso das persoas residentes, especialmente naquelas zonas que rexistran unha maior concentración de locais.

Coa nova normativa os  hostaleiros poderán prolongar a apertura en  seis ocasións, durante o ano: Arde Lucus, Caudal Fest, San Froilán, 12 de outubro, a madrugada de Todos os Santos e nas xornadas do Nadal. En realidade serán cinco, porque a data do 12 de outubro coincide tradicionalmente co derradeiro día das festas do patrón.

O Goberno local adecúa o número de festividades con ampliación de horario de lecer nocturno a pedimento do tecido veciñal da cidade. Ata o momento, esta prolongación da apertura durante dúas horas máis estaba permitida nun total de 13 ocasións ao longo de todo ano, que agrupaban distintas celebracións e festivos. A partir de agora, ese uso extraordinario recortase en máis da metade, pasando, de facto, de 13 a 5. De seguro que a veciñanza dos lugares máis “tensionados” pola celebracións agradecen esta medida.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com