O grupo Shinova chega á sala Tebras este venres con todas as entradas vendidas

Shinova chega a Lugo da man de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que acompañará á banda ao longo da Gira Vibra Mahou.

Esta xira comezaba o pasado 12 de abril en Valladolid, e chega á Sala Tebras de Lugo este venres, día 26, con todas as entradas vendidas, na única parada de Shinova en Galicia.

Os fans que gocen do tour escoitarán en directo os temas máis aclamados da historia da banda, como “La Sonrisa Intacta” ou “Te debo una canción, ademais de todas as novidades do seu novo disco “El presente”, sempre xunto a esa nova enerxía que os leva tan lonxe.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com