As obras na praza entran nunha nova fase na que se completará a renovación do pavimento na zona suroeste da praza Deste xeito, e co obxectivo de que poidan continuar os distintos usos desta concorrida zona, a circulación desviarase por un carril provisional paralelo á fachada do Convento de San Domingos en dirección a San Marcos. O tránsito peonil descorrerá paralelo a este carril de circulación. A zona para peóns será delimitada cunha liña amarela na calzada co obxectivo de garantir a seguridade viaria dos peóns e axilizar o tránsito vehicular.
A saída de vehículos do recinto histórico realizarase como veu sendo ata de agora: rúa San Marcos, rúa Bolaño Rivadeneira e rúa Nova. Estes trocos serán organizados pola policía local.
O goberno municipal lembra que mentres convivan o transito peonil co tráfico rodado, é necesario que os e as viandantes utilicen as zonas sinaladas para que haxa o menor risco para todos. Asemade, esta nova fase dos traballos implica a retirada da estrutura do quiosco e o traslado dunha parte da actual zona de almacenamento de material de obra á rúa do Hospital.
Por outra banda, a rúa do Teatro seguira funcionando en sentido de entrada á praza polo carril non ocupado polos traballos existentes. Neste caso, seguirá sendo o carril esquerdo.