Lugo contará este ano con dezaseis praias con bandeira azul, un distintivo de carácter internacional co que a Asociación de educación ambiental e do consumidor
(Adeac) recoñece anualmente a areais de todo o mundo seleccionados en base a unha serie de rigorosos criterios de sustentabilidade, accesibilidade e servizos.
Cómpre subliñar que os criterios esixidos por Adeac para a concesión da bandeira azul, no caso de praias e portos, están relacionados coa calidade das augas —que ten que ser excelente—; a seguridade e a accesibilidade; a dotación de servizos; así como a xestión ambiental e a sustentabilidade.
As dezaseis praias que este ano repiten co distintivo de bandeira azul son:
As praias de Coto e Fontela Balea no Concello de Barreiros; as praias de A Marosa e O Portelo en Burela; a praia de O Torno en Cervo; no Concello de Foz, son cinco as praias que conseguen a bandeira azul: A Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas e Peizás; no Concello de O Vicedo, as praias de Xilloi e Abrela; en Ribadeo, as praias de As Catedrais e Os Castros-Illas; e no Concello de Viveiro, a praia de Area. Asemade outorgouse unha bandeira azul ao Porto Deportivo de Ribadeo.
O ano pasado había dezaoito praias con bandeira azul, perden este distintivo a praia de Pasada en Barreiros e a praia de Ril en Burela.