Falece un operario ao caer por un desnivel coa máquina nunha canteira de Mondoñedo

Dez minutos antes das 16:20 horas, un particular contactou co 112 Galicia e relatou o suceso, rexistrado nunha canteira da parroquia de Vilamor. Desde un principio apuntaba xa á posibilidade de que o traballador estivese falecido.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Barreiros, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Mondoñedo. Cando chegou ao lugar, o persoal sanitario só puido confirmar o falecemento do home.

Os equipos de emerxencias recuperaron o corpo sen vida do implicado e os bombeiros colaboraron para estabilizar a máquina, que acabou situada nunha posición complicada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com