O Deputado provincial socialista, Pablo Rivera Capón, denunciou este xoves “a destrución dos primeiros 318 empregos na provincia por parte do Goberno de Elena Candia. Son os postos de traballo que xera o Ben Empregado II, a segunda edición do macroproxecto de emprego máis ambicioso levado a cabo por unha administración galega, que puxo en marcha o Executivo progresista de Gómez Besteiro na Deputación de Lugo, e que paralizou o novo Goberno Provincial do PP.
Rivera Capón explicou, por un lado, que “poucos días despois de chegar á Presidencia, -non levaba nin unha soa semana-, Elena Candia decidiu paralizar a contratación de 12 desempregados lucenses para a xestión do Ben Empregado II”. Tratanse de axentes de dinamización empresarial que foron seleccionados nun proceso público (aprobado en Xunta de Goberno Provincial e publicado no BOP) e aberto a todos os cidadáns, pois foi por concorrencia competitiva. Estes profesionais tiñan que comezar a traballar o pasado 1 de xullo. “Sen motivo algún, non o fixeron porque a Presidenta non quixo dar o visto e prace aos seus contratos, conseguindo que hoxe continúen no paro”, remarcou.
Simultáneamente, “Candia freou, totalmente, o Ben Empregado II, pois non fixo absolutamente nada, cando, a estas alturas, deberían estarse a celebrar os procesos de selección dos 306 desempregados lucenses para a súa inserción laboral en 288 empresas e asociacións sen ánimo de lucro da provincia. É un claro ataque do Partido Popular ao emprego e ao tecido empresarial, un dos piares da económica da nosa provincia”, salientou.
Como mostra da “desidia e paralización que o Goberno do PP mantén á Deputación de Lugo”, o Deputado socialista explicou que “nós deixamos aberto o proceso de inscrición do Ben Empregado II, que foi de 10 días naturais. O PP nin se preocupou, facendo que o número de solicitudes se reducirán nun 40%, pois na primeira edición tivemos 4.000 e agora hai unas 1.600”.
A estas acusacións respondeou o deputado delegado de Economía e Demografía, José Antonio García, afirmando que “a Deputación de Lugo non está a destruír ningún emprego. Os socialistas so conseguen xerar alarma nos cidadáns, froito dun nerviosismo moi claro e pronunciado”.
García explicou que “a día de hoxe os trámites do Ben emprego II continúan a sacarse adiante con normalidade e non se está a dar ningún tipo de paralización. Están a mentir e a xogar cun aspecto que preocupa aos lucenses. Os propios datos e as publicacións no Boletín Oficial da provincia demostran a súa falta de verdade”.
O deputado delegado afirmou que o prazo para a presentación de solicitudes no Ben Empregado II (Fase II) finalizou o 4 de xullo. “É dicir, transcorreron dez días laborables dende que se finalizara este período para o rexistro das solicitudes. É imposible resolver un procedemento cando aínda se están a recibir as solicitudes que foron remitidas a través doutros rexistros, a maiores do da Deputación, como o da Subdelegación de Goberno ou o Instituto da Mariña, tal e como prevé a Lei de Procedemento Administrativo. Estamos a falar de 1.700 solicitudes que en dez días é inviable analizar e estudar”.
José Antonio García afirmou que o expediente está a tramitarse dentro da normalidade e o paso seguinte, unha vez estudada a documentación, será o de requirir a documentación complementaria precisa.
O responsable da área de Economía e Demografía afirmou que non se está a poñer en risco ningún tipo de axuda económica “xa que non hai un prazo de execución establecido, polo tanto, “é aínda máis incomprensible este tipo de declaracións e máis se temos en conta que nos atopamos cunha corporación saínte que non facilitou ningún tipo de información sobre os expedientes e que deixaron un importante volume de facturas e contratos pendentes de tramitar”.
En canto á acusación sobre a diminución de solicitudes que achacan os socialistas, José Antonio García sinala que “se modificou o procedemento e mentres na primeira fase do Ben Emprego, o interesado podía optar a varios perfís de emprego, nesta segundo só pode facelo a un posto de traballo, de aí que se eviten duplicidades e se vexan reducidas o número de solicitudes”.
Xul 17, 2015 - 10:05 AM
Anda hombre!! si todos sabíamos que los contratados eran participantes de la campaña del psoe a los que había que pagar los favores prestados con el dinero de todos!! que cara más dura!!