A Asociación Lugo Monumental coordinou a instalación dunha pantalla xigante de 6 x 3,5 metros que permitirá aos lucenses ver a final da Champions entre o Real Madrid e o Dormund este sábado a partir das 21:00 horas.
Esta pantalla, e o feito de que o partido se retransmitirá en aberto a través da Primeira cadea de Televisión Española, unido a que a previsión meteorolóxica é positiva para este evento (con bo tempo e moi baixa probabilidade de choiva), fan prever unha alta afluencia de público.
Non é a primeira vez que a Asociación xestiona a instalación dunha pantalla xigante para un encontro deportivo, aínda que soamente ocasións como a presente, en que o encontro se retransmite en aberto nunha canle pública, é posible culminar a proposta. As cadeas privadas, incluso as que retransmiten en aberto, adoitan impedir calquera actividade deste tipo, o que imposibilitou a emisión de partidos do CD Lugo ou o Breogán tal como recentemente ocorreu no encontro entre o Breogán e o Obradoiro. Con todo, ao ser Televisión Española unha cadea pública, non hai impedimentos á instalación desta pantalla e confiamos en que esta acción axudará a que o público asolague o centro histórico para gozar do máis popular dos deportes.