Rapazas e rapaces de Aspnais recollen as medallas dos xogos romanos de taboleiro

Esta mañá tivo lugar a entrega de medallas a catorce rapaces e rapazas de Aspnais, que tomaron parte nunha competición interna dos xogos romanos de taboleiro, organizados polo Concello de Lugo, a través das concellerías de Xuventude e Deportes e a de Benestar social. En días previos, monitores da escola Gravitty desenvolveron xornadas formativas para ensinar a dinámica destes xogos romanos aos usuarios de Aspnais, que despois competiron nun torneo interno, tal e como se leva facendo desde hai uns anos, e que serve ademais como previa á celebración do Arde Lucus.

 O obxectivo destas probas é ofertar unha nova actividade lúdica e deportiva para os rapaces e rapazas da Asociación de Pais o Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual, incidindo sempre no carácter educativo, integrador e de ocio dos programas que desenvolve o Concello de Lugo, e neste caso, en colaboración con Aspnais. 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com