Máis de 1.700 de alumnos e alumnas reivindican en Burela o uso do galego

Burela recibiu este mércores a visita de máis de 1.700 alumnas e alumnos de dezasete centros da Mariña e Ortigueira, ademais dun colexio de Bélxica na última parada do Correlingua, cunha marcha que pon o foco na reivindicación do uso do galego entre a xuventude e a rapazada dun xeito festivo, sen prexuízos e desfrutando de todo o que ten que ofrecer o galego e a cultura.

A Praza da Mariña reuniu aos mozos e mozas de colexios e institutos baixo o  lema  “Dende aquí ata acolá. Galego xa!”, reivindicando o uso
da lingua galega na ensinanza e entre a mocidade. A xornada comezou cunha andaina e rematou coa lectura do manifesto por parte do alumnado do IES de Foz, que participou na súa elaboración. A nota musical puxérona Paco Nogueira, para o alumnado de infantil, e o grupo Cuarta Xusta e o acto estivo animado por Fran Rei, que puxo o toque de humor.

Neste encontro participaron o  o IES Perdouro, IES Monte Castelo, CEIP Plurilingüe Vista Alegre e o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme –de
Burela–, o IES Dionisio Gamallo, o CPR Sagrado Corazón e o CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz –de Ribadeo–, o IES de Foz, o IES Plurilingüe
San Rosendo –de Mondoñedo–, o IES de Ortigueira, o CEIP Península da Paz, o IES Marqués de Sargadelos e o CEIP de Cervo –de Cervo–, o IES Vilar Ponte e o CEIP de Celeiro –de Viveiro– e o IES Alfoz – Valadouro.
Ademais, nesta actividade tamén participará estudantado do centro Gemeentelijke Basisschool De Bosmier de Balén, en Bélxica, que se atopa
realizando un intercambio co CEIP Vista Alegre de Burela.

Os obxectivos das actividades desenvolvidas desde a asociación son a reflexión sobre a situación da lingua e a importancia de activar as
accións a prol dela, sensibilizar a sociedade, a través da poboación infantil e moza, da importancia da defensa da lingua, asociar o uso do
idioma a actividades colectivas, lúdicas e de interacción entre o alumnado de diferentes centros e localidades e contribuír a manter vivo
o maior patrimonio creado polas galegas e os galegos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com