Presentación da XII Festa do Percebe en Rinlo

O vindeiro 1 de agosto celebrarase a XII Festa do Percebe, en Rinlo, un evento presentado esta mañá, e no que poranse á venda arredor de 700 quilos de percebe, a 13 euros a ración (de 250 gramos). O Concello coorganiza a festa xunto coa confraría de pescadores.

O rexedor, Fernando Suárez,  subliñou que “por décimo segunda vez estamos aquí nesta iniciativa inventada hai algún tempo, igual que o Ribadeo Indiano e que outras tantas cousas, pero aquelas que se crean e que funcionan ben hai que seguir traballando nelas. Se cadra ao principio o Concello dirixiu a Festa do Percebe durante aqueles primeiros anos, pero xa desde bastante tempo atrás estámola coorganizando coa confraría de pescadores de Ribadeo, concretamente coa sección de mariscadoras e mariscadores”.

Suárez Barcia subliñou que “esta é un festa de Rinlo para o mundo, igual que estamos tan de actualidade con Ribadeo para o mundo, que brilla con luz propia, Rinlo, esta parroquia de Ribadeo cunha personalidade se cadra diferenciada e que os rinlegos e as rinlegas están moi orgullosas de seguir levando así. Sabemos que a día de hoxe hai máis percebeiros e percebeiras que se viñeron incorporando que, aínda non sendo de Rinlo, son como os xogadores dun equipo que defenden as cores da camiseta aínda que non sexan orixinarios desa parroquia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com