O BNG abrirá en Lugo as celebracións do Día da Patria Galega

A responsable comarcal do BNG de Lugo, Esther López, anunciou hoxe que o BNG abrirá en Lugo as celebracións do Día da Patria cun acto na praza do Campo Castelo este sábado ás 13:00. Neste acto contará coa intervención do voceiro nacional do BNG, Xavier Vence e da responsable comarcal do BNG en Lugo, Esther López. Ademais está prevista a actuación do grupo de música tradicional Pingarela.

Esther López significou que “o BNG comparte a proposta xa expresada por diferentes voces do ámbito político, cultural e social do país “instando a facer unha celebración unitaria do Día da Patria a todo o nacionalismo galego, organizado e non organizado, formacións políticas, colectivos, persoas a título individual e cidadanía no seu conxunto que compartan o sentimento de Galiza como nación””.

López, apostou “por unha celebración unitaria do 25 de xullo, “na que estemos toda a xente que lle quere a este país” e sinalou que “en todo caso, o Bloque fíxase como demanda política para o Día da Patria a defensa dos dereitos nacionais de Galiza na perspectiva dun novo contexto que, previsiblemente, se abrirá no conxunto do Estado””.

López informou que o BNG está a celebrar a súa propia campaña por todo o país con actos festivos “arredor da idea da “unidade” de Galiza” e celebrará tamén o habitual certame do Festigal, dúas xornadas de conferencias, debates, intercambio de ideas e música na Alameda compostelá.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com