Empresarios de “Estrada de Santiago”reclaman cambios na sinalización da N-540

Empresas da Asociación de Empresarios “Estrada de Santiago de Lugo” dirixíronse recentemente por escrito á Unidade de Estradas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) para solicitar a urxente reconsideración das reiteradas demandas dos empresarios da zona en relación á situación da N- 540 (Lugo-Santiago).

Máis concretamente, na súa comunicación a Asociación reitera “a necesidade de que se proceda á realización do novo proxecto de sinalización que se está desenvolvendo para a N-540 e téñase en conta a solicitude das empresas situadas nas inmediacións da mesma, no sentido de
que se facilite o cambio de sentido no cruce de Esperante (km. 4,800), realizando unha raqueta que o posibilite e aproveitando o espazo que se liberaría ao anular o carril rápido existente agora mesmo”.

O colectivo empresarial subliña que, ao tempo, “podería habilitarse carril de deceleración para acceder ao devandito crue en sentido Lugo e
ampliar o existente en dirección Santiago”. Na mesma liña, entenden que “faría moito máis seguro este tramo da vía o incorporar máis carrís de espera que facilitasen o acceso a empresas, pobos e urbanizacións”.

Indica que estas actuacións “suporían soamente modificacións na sinalización horizontal da vía, cun mínimo investimento en tempo” e que,
con todo, “mellorarían moito a seguridade deste tramo, no que diariamente se realiza un gran número de accesos e cambios de sentido en condicións serias de perigo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com