O programa +XTÍ organiza actividades de aventura abertas a toda a mocidade

O programa +XTÍ organizará no mes de xullo actividades de aventura abertas a toda a mocidade.

 Os sábados 6, 13, 20 e 27 desenvolveranse tirolinas, rutas ebike e merendas, todas de balde, nas que poderán anotarse persoas de entre 14 e 35 anos. As xornadas do Aventura +XTI prolongaranse dende as 10.00 ás 18.00 horas e haberá dispoñibles 12 prazas, que se adxudicarán por rigoroso orde de chegada das solicitudes, para cada unha delas.  

As persoas interesadas en participar nestas actividades poderán inscribirse na web www.lugomasxti.org do 24 de xuño ás 09.00 horas ao 4 de xullo ás 23.59 horas, ou ata cubrir o límite de inscricións. As 12 prazas ofertadas para cada día serán asignadas por rigoroso orde de chegada das solicitudes e os menores de idade deberán presentar una autorización asinada polos seus pais/nais ou titores.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com