O Concello de Lugo informa da necesidade de realizar un cambio temporal na ordenación do tráfico dentro das obras do proxecto Corazón Verde no entorno da praza de Santo Domingo. Deste xeito, a partir do venres e ata novo aviso, os vehículos circularán pola parte superior da Águia Imperial, en lugar de facelo pola parte inferior. Este cambio faise para poder avanzar na gabia de servizos por diante do novo hotel ata donde se sitúa o establecemento de Bimba y Lola, polo que se impedirá o tráfico rodado na intersección entre a rúa da Raíña e Santo Domingo, mentres que o tránsito peonil si será posible.
Polo tanto, manteranse as condicións e sinalizacións dispostas nas obras nas últimas semanas, soamente afectando esta nova fase de obra ao contorno do Monumento Bimilenario. A rúa do Teatro seguirase usando de entrada á Praza de Santo Domingo, polo carril non ocupado polos traballos existentes. Neste caso seguirá sendo o carril esquerdo de sentido de avance cara a Praza, cuxas tarefas de demolición e pavimentado non están iniciadas. A saída de vehículos do recinto histórico realizarase, como se vén facendo desde inicio das obras, pola rúa San Marcos, rúa Bolaño Rivadeneira e rúa Nova.
A circulación para residentes e usuarios da contorna da Praza de Abastos, e saída de usuarios do aparcamento da Praza de Santo Domingo continuará realizándose, de maneira eventual, pegados á fachada do Convento de Santo Domingo. Este itinerario alternativo para vehículos manterase independizado con sinalización horizontal de liña amarela en calzada do itinerario peonil.
Continúan así os traballos de pavimentado nos carrís de circulación da praza de Santo Domingo, entre a rúa Armañá e a rúa da Raíña, cambiando, únicamente a circulación de vehículos na contorna da Águia Imperial.