Esta tarde arredor das 15:20 horas produciuse unha saída da A-8, concretamente no quilómetro 524 en Barreiros. Foi unha persoa que informou ao 112 Galicia indicou que había unha muller ferida nun dos coches e que a colisión puido deberse a que o sol dificultou a visión dun dos condutores.
Con isto, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Barreiros, Garda Civil de Tráfico e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros.
Aínda que nun primeiro intre se indicara que había unha única persoa ferida, finalmente foron catro as que tiveron que ser trasladadas ata o hospital de referencia.
Cómpre sinalar que os membros da Garda Civil desprazados ata o lugar indicaron que houbo que liberar a un dos implicados para que fose atendido polas urxencias sanitarias. Do mesmo xeito, unha dotación dos bombeiros mobilizouse ata o punto para facer labores de limpeza na estrada.