A Audiencia de Lugo condena a cinco anos de cárcere a un pai por abusar da súa filla menor de idade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a cinco anos de cárcere a un home por abusar sexualmente, de forma continuada, sobre a súa filla, menor de idade. Ademais, impúxolle a prohibición, durante seis anos, de aproximarse a menos de 500 metros da vítima e de comunicarse con ela, así como oito anos de liberdade vixiada, a executar ao finalizar o cumprimento da pena privativa de liberdade, e á inhabilitación, durante nove anos, para calquera profesión e oficio, sexa ou non retribuído, que conleve contacto regular e directo con menores de idade. Así mesmo, condenouno a indemnizar á súa filla con 6.000 euros polos danos morais que lle causou.

O tribunal considera probado que, desde un día indeterminado de 2018 e ata outubro de 2021, cando a nena se atopaba xunto á súa irmá no domicilio do seu pai para cumprir o réxime de visitas que se estableceu tras a súa separación, o procesado lle realizou tocamentos de forma reiterada. Os maxistrados salientan que o testemuño da nai da vítima constitúe “unha corroboración clara, un sustento absoluto do testemuño da nena”. Así, destacan que “non hai máis que ver a gravación da súa declaración ante a xuíza de instrución para darse conta de que estaba absolutamente desbordada pola situación e culpabilizándose polo ocorrido, por non darse conta antes do que lle había sucedido á súa filla, e dando absoluto crédito ao que esta lle contou”. No xuízo, segundo consta na sentenza, a muller “ratificou esa conclusión”. A resolución non é firme, pois contra ella cabe presentar recurso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com