Traballadores/as do xeriátrico de Outeiro manifestáronse este mediodía en contra dos despedimentos no centro de atención a persoas maiores e a favor da readmisión das mesmas.
A concentración diante do Edificio Multiusos da Xunta en apoio ás traballadoras da residencia de Geriatros de Outeiro de Rei faise para reclamar da Xunta de Galicia a adopción de medidas contra a empresa, no caso de non readmitir as persoas despedidas.