Visita a  ASPNAIS de representantes do PP de 28 concellos da provincia

Hoxe 29 cargos municipais do Partido Popular da provincia de Lugo, encabezados pola Presidenta Provincial, Elena Candia e o Voceiro Provincial, Antonio Ameijide, visitaron esta mañá as instalacións de Aspnais para coñecer directamente a realidade desta Asociación de Pais e Titores de persoas con discapacidade intelectual.

En Aspnais foron atendidos polo Presidente, José Reigosa, co equipo técnico da entidade, que foron explicando o funcionamento dos diversos servizos, deténdose especialmente nos talleres de carpintería onde contemplaron a confección de pratos de polbo, e no de cerámica, onde se confeccionan todo tipo de obxectos artísticos en diversos materiais, especialmente útiles para celebracións familiares ou agasallos institucionais.

Os visitantes quedaron gratamente sorprendidos, tanto polas instalacións que a entidade posúe, como polo traballo que se realiza nos obradoiros, que garante a integración destes usuarios no mundo laboral e o conseguinte empoderamento de todos os que forman parte deste proxecto tan especial. A Presidenta do Partido Popular na provincia e todos os participantes, agradeceron a Aspnais que lles abrise as portas das súas instalacións para obter directa información da realidade deste colectivo, e mesmo pola posibilidade de que os visitantes contactasen cos usuarios procedentes dos seus concellos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com