Lugo Monumental instalará unha pantalla xigante na praza de Santa María con motivo da final da Eurocopa que enfrontará a España coa gañadora da semifinal que se desputará esta noite ás 21:00h entre as seleccións de Países Baixos e Inglaterra.
Lugo Monumental sinala que “a xenerosidade dos locais patrocinadores é moi destacable, xa que o día e hora do partido practicamente todos os negocios, incluso os de hostalería, están pechados, polo que non hai un interese económico”. Para a asociación “trátase simplemente dunha cuestión de relevancia e de situar o centro histórico como un foco de actividades e un polo de atracción”.
A Asociación xa pediu hai varios días os permisos oportunos por se España chegaba á final da Eurocopa, como así foi, e confiemos en que agora complete a súa xesta e gañe o torneo. Ademais, ampliouse a solicitude ata a entrega da copa se gaña España.