A Xunta achega 56.000 euros a ‘Alar Galicia’ para a inserción laboral de mulleres vítimas de violencia

A Consellería de Política Social e Igualdade vén de conceder case 56.000 euros a Alar Galicia para o proxecto Paso a paso: adiante, que busca facilitar a inserción sociolaboral de mulleres vítimas de violencia de xénero con distintas accións de orientación e formación para o emprego. A axuda aprobouse no marco dunha convocatoria dirixida a entidades de iniciativa social cuxa resolución foi publicada esta semana no DOG.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e o director  de Alar Galicia, Fernando González, reuníronse hoxe para abordar a colaboración en novas accións e xornadas divulgativas que se desenvolverán este ano no marco dos programas de inclusión social que impulsa a entidade co apoio do Goberno galego.

Arias lembrou que a Xunta colabora con Alar no desenvolvemento dun amplo abano de programas de prevención e de atención a persoas e colectivos con dificultades para incorporarse a unha vida social normalizada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com