Visita da Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR)

A Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, visitou esta mañá a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da cidade xunto con con Gonzalo Murillo, director de Operacións de Gestagua e ao concelleiro de Transición Ecolóxica Fernández, A visita tivo como obxectivo coñecer de primeira man os avances acadados polas melloras da eficiencia enerxética da instalación, financiadas polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, que consume un 79% menos de enerxía (minorou o seu consumo 1.594.320 kWh ao ano) e reduce as emisións de CO2 anuais en 830 toneladas. As características e vantaxes ambientais desta infraestrutura “converten a Lugo nun referente na xestión sostible do ciclo integral da auga. A rexedora destacou a relevancia da EDAR para a cidade: Esta instalación é vital para garantir que as nosas augas residuais sexan tratadas de maneira eficiente e sostible, protexendo así o medio ambiente e a saúde pública. A EDAR de Lugo non só cumpre cos máis altos estándares europeos de calidade da auga, senón que tamén representa o noso compromiso co Pacto Verde Europeo e os obxectivos de desenvolvemento sostible”.

A EDAR de Lugo, que iniciou as súas operacións en 2011 tras un investimento de 44,5 millóns de euros, “está deseñada para atender un volume equivalente a 200.000 habitantes, incluíndo tanto á poboación urbana como ás verteduras industriais. A planta non só asegura a calidade da auga que se devolve ao río Miño, senón que tamén incorpora tecnoloxías avanzadas para a recuperación de augas e a eliminación de contaminantes emerxentes”, apuntou o concelleiro de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández. “A capacidade da EDAR para tratar ata 24 millóns de metros cúbicos de auga residual ao ano e eliminar máis de 10.000 quilos de contaminación diariamente, reflicte o alto nivel de eficiencia e responsabilidade ambiental das infraestruturas desenvolvidas polo Goberno local”, engadiu Alvarellos. “Ademais, a xeración de 6.000 toneladas de lodo anualmente que se reutilizan como fertilizante agrícola é un claro exemplo de economía circular en acción.” Este encontro tamén puxo de relevo a importancia de continuar investindo en infraestruturas que respecten e preserven a contorna natural. A EDAR, xunto coa Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), asegura que Lugo poida enfrontar os desafíos futuros relacionados coa xestión da auga, sempre dentro dun marco de sostibilidade e respecto ao medio ambiente. Con esta visita, a alcaldesa reafirmou o compromiso do seu Executivo coa protección dos recursos hídricos e a mellora continua das súas infraestruturas para beneficio de todos os cidadáns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com